A cidade histórica de Santiago de Compostela foi recoñecida Patrimonio da Humanidade no ano 1985.Para mellorar as condicións de vida dos seus habitantes, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, durante máis de 15 anos de cooperación

estable no Consorcio de Santiago, impulsaron diferentes programas de rehabilitación de edificios e vivendas. O Consorcio de Santiago promove un novo programa de apoio técnico e económico aos cidadáns para labores de mantemento dos

edificios da Cidade Histórica. A cultura do mantemento é a clave da conservación do Patrimonio da Humanidade que está ao noso coidado. Porque ter é manter.

Consorcio de Santiago | Pazo de Vaamonde. Rúa do Vilar, 59. Santiago de Compostela | 981 574 700 | manter@teremanter.eu